A gente da Barreira e outras histórias

Esta edición conta con catro capítulos máis do que a de Bibliófilos Gallegos. Ningún deles é inédito, pois xa foran publicados en diferentes revistas. Os textos están revisados, segundo lemos no propio volume, para «ajeitá-los à língua literária actual segundo o critério do autor; mais só na medida indispensábel para corrigir os máis chamativos desajustes».

Pretérito imperfeito: (1927-1961)

Carvalho recolle nesta antoloxía unha selección da súa poesía anterior. Este será o primeiro libro no que aplique os postulados reintegracionistas que virá defendendo durante a década dos setenta: O silenzo axionllado muda para O siléncio ajoellado, O anxo da terraen anjo, ou o Salterio de Fingoy en Saltério de Fingoi.

Catro Pezas

Ilustrado por Xohán Ledo neste volume recóllense catro pequenas obras dramáticas escritas a finais da década dos corenta: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre e Auto do prisioneiro.

Este sítio web utiliza 'cookies' próprias e de outrem. Ao premir aceitar, concordas com isto.