Scórpio

É a única novela de Carvalho pois o resto da súa narrativa son relatos ou compilacións deles. Aínda así, ten unha estrutura ben curiosa a base de capituliños moi breves: 136 en total.

Cantigas de amigo e outros poemas: (1980-1985)

Ilustrado por Felipe Criado neste volume ordénanse textos producidos entre 1980 e 1985, inéditos case todos. Os máis relevantes son modernas cantigas de amigo, postas en boca de mulleres de hoxe, que viven as realidades do noso tempo. Outros poemas evocan figuras históricas ou mitos literarios, que constitúen meditacións sobre vivencias persoais ou colectivas.

Letras galegas

A Associaçom Galega da Língua edita este volume do seu membro de honra dentro da serie Universália. O libro está estruturado en dúas partes: unha primeira de temas máis xerais, e unha segunda sobre autores e libros galegos.

Teatro completo

Segunda compilación da súa obra dramática. Ás catro pezas publicadas anteriormente son engadidas catro novas. Foron escritas entre 1935 e 1980 e están ordenadas no volume cronoloxicamente: O fillo: acción dramática en dous actos, o segundo dividido en dous cadros Isabel : comedia en tres actos, A sombra de Orfeu: comedia en tres actos, Farsa … Ler máis Teatro completo

Este sítio web utiliza 'cookies' próprias e de outrem. Ao premir aceitar, concordas com isto.