A Gente da barreira

Edición a cargo de M.ª do Pilar García Negro que estuda, alén da novela carvalhiana, parte da obra dramática doutra grande figura do reintegracionismo: Jenaro Marinhas del Valle.

Scórpio

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega inclúe o Scórpio na sua serie “Clásicos da Literatura galega” apenas dez anos despois de terse publicado a primeira edición.

Scórpio

Nesta reedición incluída na Colección “Medusa” a editorial Sotelo Blanco muda a capa e estiliza o libro, sen facer modificacións no texto.

Fillo de Eva

En edición de Pilar Pallarés e inscrita na colección “Esquío de Poesía” esta antoloxía é unha panorámica da obra poética de Carvalho.

Reticências: (1986-1989)

Carvalho non chegaría a ver publicado este libro de poemas de madurez en que tiña posto moito entusiasmo. Estruturado en seis partes, estas reticências fechan a obra poética que tiña deixado en suspenso após aquele Passado imperfeito e o seu Futuro condicional.

Este sítio web utiliza 'cookies' próprias e de outrem. Ao premir aceitar, concordas com isto.