AGAL

Associaçom Galega da Língua (AGAL) é unha asociación sen fins lucrativos, legalmente constituída no 1981, que busca a plena normalización do Galego-Português da Galiza e a sua reintegración no ámbito lingüístico ao que historicamente pertence: o galego-luso-brasileiro.

reintegracionismo

O reintegracionismo postula que o galego e o portugués son variantes da mesma lingua. Esta tese foi a defendida tradicionalmente polo galeguismo.

AGAL e Carvalho Calero

Dende os inicios da AGAL, Carvalho Calero foi un dos seus grandes colaboradores tanto nos primeiros Congresos internacionais de lingua galego-portuguesa como no Consello da revista Agália. Relator en Congresos e Simposios, artigos para a revista, libros editados pola AGAL, conferencias estudantís ou abertas á cidadanía, etc. Ricardo Carvalho Calero sempre se sentiu membro de AGAL e coparticipe na causa común ata os últimos días da súa vida.

Este sítio web utiliza 'cookies' próprias e de outrem. Ao premir aceitar, concordas com isto.