Musicando Carvalho Calero 2020

logo-musicando-2020-miguel

Bases do CONCURSO "MUSICANDO CARVALHO CALERO 2020"

Que é?
“Musicando Carvalho Calero” é un concurso musical deseñado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG.

Quen pode participar?
Todos os grupos ou solistas de calquera estilo musical poderán candidatarse a este concurso.

Como se pode participar?
Moi sinxelo. Só terás que enviarnos unha canción em formato .mp3 a musicando@carvalho2020.gal

Para consultar as bases e recursos sobre a figura de Carvalho Calero podedes facelo en http://diariocultural.gal e tamén http://musicando.carvalho2020.gal onde tedes unha sección con material para elaborar os vosos temas.

O obxectivo consiste en musicar um poema. Ofrecemos unha ampla selección para escoller o texto que mellor se adapte aos teus estilos. Poden ser musicados poemas completos ou fragmentos, modificados ou non; poden facerse variacións de frases ou palabras -sen perder o sentido xeral-, recortar ou pegar fragmentos de diferentes poemas e mesmo engadir frases da vosa colleita que sexan concordantes co orixinal, etc

No sitio web
Ademais do tema en formato mp3, envíanos a foto da banda e un breve texto de presentación así como un correo electrónico e teléfono de contacto.

Os temas deberán estar licenciados baixo Creative Commons.

Importante: o prazo para enviar os temas remata o 22 de setembro.

As cancións finalistas estarán colgadas na páxina web http://diariocultural.gal e na web http://musicando.carvalho2020.gal para que poidan ser escoitadas en todo o mundo.

Os grupos ou solistas gañadores
Un xurado, composto por persoas vinculadas ao mundo da música, ademais da AGAL e a CRTVG, fará unha elección de 10 temas finalistas que pasarán por unha fase de votación popular pola rede para escoller a canción gañadora. O nome será divulgado a 30 de outubro, 110º aniversario do nacemento de Carvalho Calero.

E haberá premio?
O premio para o grupo ou solista gañador incluiŕá:

a) por parte da CRTVG, a promoción, entrevistas e actuación na Radio Galega e na TVG. O gañador poderá gravar o seu tema nos estudios da Radio Galega, incluída a gravación dun vídeo musical.

b) por parte de AGAL, a asociación entregará un premio metálico de 1.500 €.

E lembra…
O obxectivo final deste concurso é dar a coñecer a figura do autor homenaxeado polo dia das letras galegas deste ano 2020. Polo tanto, máis participantes e máis melodias farán máis rica a nosa homenaxe.

ALGÚNS POEMAS DE CARVALHO CALERO QUE PODERÍAS USAR

Esta é unha selección de poemas de Carvalho Calero. Poden ser musicados poemas completos ou fragmentos, modificados ou non; poden facerse variacións de frases ou palabras -sen perder o sentido xeral-, recortar ou pegar fragmentos de diferentes poemas e mesmo engadir frases da vosa colleita que sexan concordantes co orixinal, etc

TEMAS do "MUSICANDO CARVALHO CALERO 2010"

No site web de AGAL podes escoitar e baixar as cancións da edición 2010 do Musicando Carvalho Calero.

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
Este sítio web utiliza 'cookies' próprias e de outrem. Ao premir aceitar, concordas com isto.