Concurso literario Scórpio

Bases do Concurso literario Scórpio

A AGAL convoca o primeiro premio Scórpio pensado para calquera alumna ou alumno do ensino medio. Quen quixer concorrer ao premio deberá cumprir as seguintes bases da convocatoria:

  1. O relato debe seguir as características formais do texto orixinal (por exemplo, narrador testemuña en primeira persoa).
  2. Calquera personaxe, Scórpio incluído, pode ser @ narrador/a do capítulo.
  3. A escolla ortográfica é libre: pode ser escrito en galego oficial ou en galego internacional/portugués. Os erros ortográficos non serán tidos en conta no caso dos textos escritos en galego internacional.
  4. A extensión dos textos é libre, sen límite mínimo ou máximo estipulado.
  5. Acéptanse textos escritos a man e a ordenador.
  6. A data límite de entrega será o 30 de outubro de 2020.
  7. O alumnado deberá fornecer os seguintes datos: nome completo, nome e enderezo do centro, idade, curso e información de contacto (correo electrónico ou teléfono móbil).
  8. O texto pode ser enviado fisicamente ao enderezo Casa da Língua Comum – Rúa de Emilio e Manuel 3, 15702 (Santiago de Compostela) ou electronicamente ao correo secretaria@a.gal co asunto “Concurso RCC”.
  9. A persoa gañadora terá unha subscrición de dous anos ao Clube da Através Editora, polo que recibirá gratuitamente os libros na súa casa durante o período indicado.
  10. Para calquera dúbida ponte en contacto connosco por medio da web www.carvalho2020.gal
Este sítio web utiliza 'cookies' próprias e de outrem. Ao premir aceitar, concordas com isto.