De Carballo a Carvalho.

Percurso pola vida e obra de Carvalho Calero.

A vida de Ricardo Carvalho Calero non foi fácil, mais tamén nos amosa un exemplo de superación que acabará forxando un dos intelectuais máis influíntes do século XX. Talvez fose a morte da súa nai cando aínda era un neno o que adiantou a súa madurez dunha forma que hoxe nos parece incrible, converténdose nun prestixioso escritor antes dos vinte anos. A guerra civil colocouno no lado perdedor, no cárcere, depois do cal viviría un longo ostracismo. Pero tamén disto se vingou Carvalho, comezando a escribir precisamente unha monumental obra crítica literaria e lingüística. A partir de 1975 comeza a defender o reintegracionismo lingüístico, o que o levou a ficar afastado do mundo académico oficial que ata ese momento tanto o aplaudira. 30 anos despois, chegou o perdón.

Documental subvencionado pola Deputación da Coruña.

Ficha Técnica:

Realización e guión: Aser Álvarez
Gravación e edición: Xosé Roi Martinez
Montaxe: Laura Yáñez Bastos
Banda sonora orixinal: Moisés Quintas
Grafismo: Xosé Roi Mart
Produción: Arraianos Producións

Carvalho Calero vs. Filgueira Valverde

Filgueira Valverde, o escritor homenageado no Dia das Letras 2015, dá nome a um documento fundamental para entender a história do galego contemporáneo: o “Decreto Filgueira”, que em 1982 oficializou a normativa do galego que chegou aos nossos dias, derrogando as imediatamente anteriores de Carvalho Calero. Decreto Filgueira (documentário realizado por Ozo Perozo) explica os antecedentes deste acontecimento desde os anos 70.

Decreto Filgueira | DOCUMENTÁRIO

Filgueira Valverde, o escritor homenageado no Dia das Letras 2015, dá nome a um documento fundamental para entender a história do galego contemporáneo: o “Decreto Filgueira”, que em 1982 oficializou a normativa do galego que chegou aos nossos dias, derrogando as imediatamente anteriores de Carvalho Calero. Decreto Filgueira explica os antecedentes deste acontecimento desde os anos 70.

Este sítio web utiliza 'cookies' próprias e de outrem. Ao premir aceitar, concordas com isto.