Salterio de Fingoy

Neste libro de salmos -titulado como o instituto que dirixe en Lugo- procura Carvalho interrogarse sobre a finitude humana e a relación do ser humano coa morte.

Sete poetas galegos

Dos nove autores recollidos na tese de doutoramento exclúe os dous prosistas (Castelao e Otero Pedrayo) e tira do prelo esta versión en galego.

A xente da Barreira

Premiado no concurso convocado en 1949 por Bibliófilos Gallegos, A xente da Barreira é a primeira novela en galego da posguerra. Continuador na temática da narrativa oteriana e formalmente neorrealista. Está ilustrado por Agustín Portela Paz

Anxo de terra

Co final da guerra virá a represión e un silencio (non axeonllado) que durará dezaseis anos. Este anxo, editado na Colección Benito Soto, aspira a “a subir ao ceo, coma anxo da néboa e da señardade que contempla o verdor da terra e cisma no sentido da morte” segundo o profesor Henrique Rabuñal.

Estava, naturalmente, tam longe de pensar que ia tropeçar-me em Úbeda, que ia ser eu a mulher do Chefe de Estado Maior do Corpo de Exército a cuja Plana Maior acabava de incorporar-se, que nom pudo conter a impressom que a minha vista lhe produziu até o ponto de evitar que por um instante se lhe paralisasse o coraçom, e o sangue se retirasse do seu rosto. (Cleo, cap. XLI da 2ª parte)

1936-1939- Incorpora-se com o grau de tenente à plana maior do IX Corpo do Exército, em Andaluzia. É destinado primeiro a Úbeda e depois a Jaém

Este sítio web utiliza 'cookies' próprias e de outrem. Ao premir aceitar, concordas com isto.