logo_musicando_def-fondobranco

Bases do CONCURSO "MUSICANDO CARVALHO CALERO 2020"

Que é?
“Musicando Carvalho Calero” é un concurso musical deseñado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) em colaboração com a CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Quen pode participar?
Todos os grupos ou solistas de calquera estilo musical poderán candidatarse a este concurso.

Como se pode participar?
Moi sinxelo. Só terás que enviarnos unha canción em formato .mp3 a musicando@carvalho2020.gal

Para consultar as bases e recursos sobre a figura de Carvalho Calero podedes facelo en http://diariocultural.gal e tamén http://musicando.carvalho2020.gal onde tendes unha sección con material para elaborar os vosos temas.

O obxectivo consiste en musicar um poema. Ofrecemos unha ampla selección para escoller o texto que mellor se adapte aos teus estilos. Poden ser musicados poemas completos ou fragmentos, modificados ou non; poden facerse variacións de frases ou palabras -sen perder o sentido xeral-, recortar ou pegar fragmentos de diferentes poemas e mesmo engadir frases da vosa colleita que sexan concordantes co orixinal, etc

Na web
Ademais do tema en formato mp3, envíanos a foto da banda e un breve texto de presentación así como un correo electrónico e telefono de contacto.

Os temas deberán estar licenciados baixo Creative Commons.

Importante: o prazo para enviar os temas remata o 22 de setembro.

As cancións presentadas ao concurso pódense escoitar nesta canle do youtube.

As cancións finalistas estarán colgadas na páxina web http://diariocultural.gal e na web http://musicando.carvalho2020.gal para que poidan ser escoitadas en todo o mundo.

Os grupos ou solistas gañadores
Un xurado, composto por persoas vinculadas ao mundo da música, ademais da AGAL e a CRTVG, fará unha elección de 10 temas finalistas que pasarán por unha fase de votación popular pola rede para escoller a canción gañadora. O nome será divulgado a 30 de outubro, 110º aniversario do nacemento de Carvalho Calero.

E haberá premio?
O premio para o grupo ou solista gañador incluiŕá:

a) por parte da CRTVG, a promoción, entrevistas e actuación na Radio Galega e na TVG. O gañador poderá gravar o seu tema nos estudios da Radio Galega, incluída a gravación dun vídeo musical.

b) por parte de AGAL, a asociación entregará um premio metálico de 1.500 €.

E lembra…
O obxetivo final deste concurso é dar a coñecer a figura do autor homenaxeado polo dia das letras galegas deste ano 2020. Polo tanto, máis participantes e máis melodias farán máis rica a nosa homenaxe.

ALGÚNS POEMAS DE CARVALHO CALERO QUE PODERÍAS USAR

Esta é unha selección de poemas de Carvalho Calero. Poden ser musicados poemas completos ou fragmentos, modificados ou non; poden facerse variacións de frases ou palabras -sen perder o sentido xeral-, recortar ou pegar fragmentos de diferentes poemas e mesmo engadir frases da vosa colleita que sexan concordantes co orixinal, etc

TEMAS do "MUSICANDO CARVALHO CALERO 2010"

No site de AGAL podes escoitar e baixar as cancións da edición 2010 do Musicando Carvalho Calero.

Este sítio web utiliza 'cookies' próprias e de outrem. Ao premir aceitar, concordas com isto.