Palabras a pedido da AGAL

María Victoria Carballo-Calero

A decisión da Real Academia Galega de facer de Ricardo Carvalho Calero, meu pai, o dedicatario do Día das Letras Galegas, no ano 2020, foi acollida con satisfacción por parte da familia, xa que entendemos que se recoñecen por fin os seus méritos na configuración do sistema literario galego e na investigación e divulgación da nosa lingua e literatura.

Desde os anos ‘80 do pasado século, a Associaçom Galega da Língua (AGAL) apoiou publicamente as teses por el defendidas a respeito da lingua galega e mesmo apostou na edición das suas obras cando outras editoras fechaban esta posibilidade. O nomeamento como membro de honra da asociación así como as homenaxes que a mesma lle tributou -tanto en vida como postumamente- converten esta sociedade nun actor imprescindíbel para a conmemoración do Día das Letras Galegas. Neste sentido, a familia apoia e agradece a programación que AGAL está a elaborar para celebrar e difundir a súa figura, e solicita a colaboración de institucións e entidades para as propostas chegaren a ser efectivas, como fará con todas aquelas que respeiten e divulguen o legado de Carvalho Calero, en calquer das súas dimensións, acorde ao que el escrebeu e depuxo.

Este sítio web utiliza 'cookies' próprias e de outrem. Ao premir aceitar, concordas com isto.