“A Voz Presente” é unha exposición realizada pola AGAL e a Xunta de Galicia e executada por Ouvirmos, S.L. que conta con Carlos Quiroga e José Luís Rodríguez (USC) como comisarios. Posúe dúas versións: unha reducida e unha grande, que será exibida só en Ferrol, cidade natal de Ricardo Carvalho Calero, e en Santiago de Compostela, cidade onde viría a morrer en 1990.

Esta última contén obxectos e imaxes que non serán exibidos na primeira, aínda que en relación aos textos expostos ambas sexan moi semellantes: por un lado, a vida de Carvalho en relación aos acontecementos de cada época que viviu son presentados nunha liña de tempo. Por outro lado, a súa pegada vital e intelectual é clasificada en diferentes paineis en que son usados textos de Carvalho para el se explicar a si mesmo.”

Itinerario da expo grande

Itinerario da expo reducida

Créditos

Organizada por

Comisariada por

Documentación

Colaboración de honra

Agradecementos

Arquivos e fotos

Este sítio web utiliza 'cookies' próprias e de outrem. Ao premir aceitar, concordas com isto.